miércoles, 23 de junio de 2010

OS FELICES ANOS 20 E A CRISE DO 29

Entre 1924 e 1929 vivíronse uns anos de prosperidade, principalmente a nivel económico que se coñeceron como os "felices anos vinte". Os países industrializados lanzáronse a unha nova etapa de crecemento económico na que cabe citar que EEUU acadou a primeira posición.
A gran prosperidade destes anos debeuse a unha serie de factores entre os cales son destacables; o desenvolvemento da industria, o incremento do consumo ou as inversións na bolsa.
Cabe decir tamén que a prosperidade dos "felices anos 20" foi relativa posto que houbo tamén algúns problemas como por exemplo; era unha prosperidade moi mal repartida, os salarios medraran moito menos que os beneficios e a produtividade, o paro aumentara moito dende o 1921 e alcanzaba nalgunhas zonas unha cifra moi alta, pero foi realmente o estalido da crise do 1929 quen relevou claramente a fraxilidade desta época, a coñecida como "os felices anos 20".

A prosperidade desta época durou pouco e o 24 de Outubro de 1929, día coñecido como "Xoves Negro" tivo chegada o "Crack do 29", que culminaría finalmente na Gran Depresión.
Durante os anos 20 nos EEUU fabricáranse máis produtos dos que a poboación podía consumir, este exceso de produción levou a unha acumulación de Stocks, produciuse entón un exceso de produción en relación co consumo. Debido a que a industria xa non proporcionaba beneficios a xente botouse a especular na bolsa, esta especulación bolsista non consistía noutra cousa mais que en comprar accións a baixo precio e vendelas a un precio máis elevado. O precio das accións xa non se correspondía coa realidade posto que había moitas accións en venta e poucos compradores para elas, este acontecemento recibiu o nome de "Crack Bolsista"
O valor das accións caeu empicado e miles de persoas víronse arruinadas, a este crack tamén se lle chamou "Xoves Negro" e aquí destaca o medo por parte dos investidores a un descenso do valor das accións que levou á venta masiva de varios millóns de accións e que provocou que se viñese abaixo o seu prezo e a quebra da Bolsa de Nova York.
A crise da bolsa provocou unha depresión económica xeral e trouxo consecuencias de diversos tipos, Rosvelt o novo presidente de Estados Unidos propuxo entón un intento de solución para esta situación, este foi o coñecido como New Deal, que permitiu rematar cos excedentes de produción, estableceu salarios mínimos aos traballadores, tamén estableceu medidas fronte ao paro, seguros de desemprego, etc. Podemos decir entón que estas medidas contribuiron claramente a mellorar a mala situación económica que se estaba a vivir.
Con estes medios púxose fin ao capitalismo liberal clásico. Cabe mencionar tamén que se xerou gran rexeitamento ao capitalismo por parte das clases medias. Estes acontecementos favoreceron o auxe de ideoloxías que se presentaban como salvadoras, cabe citar aos sistemas totalitarios Fascismo (que tivo lugar en Italia) e Nazismo (en Alemaña).




Silvia Pérez Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario