martes, 15 de diciembre de 2009

A revolución francesa

A revolución francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da
Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza en Francia. A Revolución Americana servira de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.
Por outra banda, Francia pasaba por un período de crise economica despois de anos de prosperidade. A participación francesa na guerra da independencia americana e mailos elevados custos da corte do rei Luís XVI deixaran as finanzas do país en mal estado, os campesiños e artesáns afundíanse na miseria como consecuencia dos impostos e de varios anos de malas colleitas ao que se xuntaba os intereses da burguesía francesa que quería participar no poder político e rematar co réxime absolutista.
A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza fai que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval, co fin de anunciar o aumento dos impostos para aquelas dificuldades financeiras acabaría por desencadear a Revolución, xa que era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía que estaba tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado, axiña se axuntaron os burgueses de París e provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Toma da Bastilla en 1789, que asustaron ao rei e obrigraron a ceder aos seus desexos, os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Nacional Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional qu recaeu en mans dos xirondinos, que eran burgueses moderados. Co goberno dos xirondinos segue habendo as mesmas desigualdades economicas e politicas e aparece un novo estado revoluccionario, os xacobinos, que eran burgueses mais radicais. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con Austria e moi pronto extendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei, Luis XVI, foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República. Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do terror mediante o Comité de saude Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina. O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre, comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París. En 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía, neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun novo xeneral, Napoleón Bonaparte, que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e en novembro de 1799 diante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de estado acudiu coas súas tropas a París e co pretexto de establecer a orde tomou o poder, acabando co Directorio e establecendo un goberno persoal que culminou en 1804 ao proclamarse emperador.
A revolución dá inicio á era moderna en Francia e acabou co feudalismo.

Diego González Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario