lunes, 17 de mayo de 2010

O DIA DAS LETRAS GALEGAS


Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999)
Uxío Novoneyra, esta considerado como un dos poetas máis importantes da lingua galega de tódolos tempos, a súa obra enraizada na tradición e de caracter popular, aínda que con trazos vangardistas nas que destaca o lirismo da palabra.
Fillo de labradores, naceu en Parada do Courel (Montaña Lucense) o 19 de xaneiro de 1930, e dedicou a súa obra a retratar a fermosa paisaxe da serra. Sendo estudante en Lugo coñeceu a Manuel María que fixo que se aumentase o trato de intelectuais da anterior xeración como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Con 19 anos, trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de Filosofía e Letras. En 1951 regresa para facer o servizo militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo en O Courel obligado por unha enfermidade pulmonar que o tivo ás portas da morte. Entre 1962 e 1966 volve a Madrid onde traballa na radio e na televisión. En 1973 casa con Elba Rei con quen tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela no 1983.
Asi en 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os Eidos, con prólogo de Ramón Piñeiro. Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas (1966), en edición bilingüe, e Poemas caligráficos. En Muller para lonxe reúne poemas de amor xa publicados e outros ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Ademáis da súa intrusion na narrativa para nenos, destaca a oralidade da súa poesía que adquire matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular, según a Real Academia Galega.
O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo de ocupa ata o seu falecemento en outono de 1999. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Tanto en “Os eidos” como nas súas outras obras, Novoneyra e capaz de provocar sensacións visuais, auditivas ou nos estados de animo mediante a combinación e repetición de fonemas.
A poesia de Novoneyra ten moi pouco que ver coa dos outros autores galegos. Novoneyra e un poeta silencioso, e os seus poemas van moito máis alá do texto. As palabras pouquísimas evocan dun modo máxico o mundo no que o home esta inmerso, designando as cousas para que estas aparezan onda nós. E hai outro Novoneyra coral, heroíco: o da Letanía de Galicia, do Viet Nam Canto.



fontes: http://bitacoradocaurel.blogspot.es/
http://www.diadasletrasgalegas.com/
enciclopedia ESPASA.
www.uxionovoneyra.com/





Laura Vallejo Castro


No hay comentarios:

Publicar un comentario