martes, 2 de marzo de 2010

Karl Marx

Karl Heinrich Marx, naceu en Tréveris o 5 de maio de 1818 e falecido en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un economista e pensador alemán, que viviu boa parte da súa vida en Inglaterra e que deu orixe ao marxismo, teoría filosófico-económica que tivo unha ampla vixencia no século XX. Tamen foi o que formulou o socilismo, por eso tamen recibe o nome de marsismo. Marx propon unha revolución que fose capaz de cambiar o sistema producido para crear unha sociedade sen clase, nas que todos tivesen, as mesmas necesidades, na que a propiedade dos medios de produción fose a mesma.
Marx defendeu a intervención de organizacións e partidos obreiros e na loita politica. Isto deu orixe os partidos socialistas.
Karl Marx foi un dos pensadores máis influentes da Historia e figura clave na análise da historia, a sociedade, a política e a economía. O seu pensamento prolóngase cara moitas décadas máis tarde a partir da súa morte, sendo chave para entender os procesos sociais e políticos que percorren o século XX e converténdose no padre ideolóxico do comunismo.
Marx é testemuña da primeira gran crise do capitalismo (década dos anos 30 do século XIX) e do período revolucionario de 1848. Estas dúas vivencias serven como pretexto para a análise teórica inserida na súa obra, na que desenvolve unha teoría económica capaz de aportar explicacións ás mesmas, pero á vez de interpelar as clases populares a participar nela activamente para producir un cambio revolucionario. Unha teoría revolucionaria que, se ben parte da análise da situación do seu tempo, non se circunscribe a este, senón que, mediante as teorías do materialismo histórico e dialéctico serve para analizar, interpretar e incidir nas condicións socioeconómicas de cada momento histórico.



Lucia Fernandez Vilarin


Libro ccss

No hay comentarios:

Publicar un comentario